selecciona as túas entradas
Descripción do evento
As entradas estarán á venda a partir do venres, 17 de outubro de 2025 ás 10:00 da mañá
Autor: Eduardo Alonso
REPARTO
Clara Gayo Directora
Casilda Alfaro Actriz
Mónica Camaño Actriz
Chefa Alonso Composición musical
Carlos Alonso Escenografía e Vestiario
Eduardo Alonso Deseño de Iluminación
Eva Alonso Produción
"As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en nobelo, onde a realidade e a fantasía se debaten por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan.
As súas protagonistas son Maruxa e Lurdes, dúas irmás xa maiores.
A liña argumental avanza e retrocede, enrédase e desenrédase coma un nobelo imaxinario e imposible de descifrar.
Os dous personaxes que desenvolven a acción no escenario contan, entre discusión e discusión, anacos das súas vidas, pero o que contan pode pertencer á realidade, ocorrer, ou pode ser froito das súas mentes doenzas. Coma espectadores, nós nunca chegaremos a saber se é verdade ou fantasía. Para elas todo é realidade, as súas propias invencións fantásticas son máis reais ca a propia realidade circundante.
No caso de que o que contan sexa verdade, ocorrese, resulta patético e espantoso.
No caso de que o que contan sexa un invento froito do desvarío e da doenza, entón o que resulta patético e espantoso son os propios personaxes, as súas mentes capaces de imaxinar tal acontecer.
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.
Política de acceso
Público Adulto (+16 anos)