A Coruña Dub Club Vol.09

La Gata Manda. Rúa José Espronceda, 15A, 15180 Alvedro, A Coruña - Ver mapa
Varias datas -
Organizado por A Coruña Dub Club

selecciona as túas entradas

Venta online cerrada.

Para máis información pregunta ao organizador do evento.

Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".

Descripción do evento

Comeza o curso 25-26, rapazada!


Estamos moi contentas de anunciar o que pode ser o novo fogar dos bailes de ACDC este curso La Gata Manda, no polígono de Alvedro, a un paso do aeroporto.


E para a estrea…

Chega un son que non precisa presentación:

The Big Bad Sound from A Coruña – Soundkilla Soundsystem

O primeiro sistema de son artesanal de Galiza, con máis de 10 anos facendo tremer o país a base de dubplates, disposto a facer vibrar La Gata Manda por primeira vez!


Pero isto non remata aquí…

Dende o outro lado do charco chega Greenselector , cunha maleta chea de clásicos do soundsystem brasileiro e o seu inconfundible estilo de rub-a-dub specialist.


E como non, na casa estará Bassdealer (ACDC), lista para pechar a noite cunha selección poderosa que xa coñecedes ben.


Na Gata Manda teredes bocadillos e servizo de bar para repoñer forzas durante a noite.

Lembrade: aforo limitado, xentiña!


Novo espazo, novo estilo, novo curso!


13/09/2025

20:00 – 03:00

Anticipadas: 8 € (Entradium)

Porta: 10 €

Política de acceso

Neste caso o promotor non especificou a política de acceso a menores, se tes calquera dúbida animámoste a que contactes directamente con el.

Comentarios

1
A nova casiña :)
Sitio para parking, a Gata Manda está xenial... e, sobre todo, moita vibración!
Fernando Asistiu o 13/09/2025
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.