Recreios: uma jornada portuguesa
Veranstaltet von: Desconcierto Cultural
Online Verkauf geschlossen
Für mehr Infos setze Dich gerne mit dem Veranstalter des Events in Verbindung.
Die Kontaktdaten des Veranstalters findest Du unter dem Abschnitt "Verantaltet von".
Ereignisdetail
RECREIOS: UMA JORNADA PORTUGUESA
Coma tantos de nós, en Desconcierto Cultural sempre temos un ollo posto en Portugal, un país que consideramos moi próximo, máis aló do xeográfico. Por este motivo, tiñamos ganas dende hai tempo de dedicarlle un evento monográfico dentro da nosa programación, ao que decidimos denominar “Recreios, unha xornada portuguesa”.
Deste xeito, neste primeiro Recreios xuntarémonos nun espazo tan singular coma é O Xardín de Julia, para desfrutar de tres propostas musicais de terras alén da Raia. A enérxica urxencia de Gator, The Alligator, a límpida transparencia de Cassete Pirata e as sinuosidades de Sallim, que dan boa conta da efervescencia do que acontece e fan os nosos irmáns.
Pero queremos sentirnos aínda máis en Portugal e, como non pode ser doutro xeito, sucumbimos á atracción da súa gastronomía, así que os fogóns do Curro da Parra e O Pazo de Altamira trasladaranse ao Xardín e traballarán por un día en clave portuguesa, para que o goce sexa total.
E aínda teremos máis noite cando marchemos do Xardín, xa que pecharemos a xornada cunha desbocada pinchada a cargo de Birds Are Indie DJs na veciña sala Riquela.
Bewertungen (2) 2 Bewertungen